25/11/07

25 de novembro: Nós tamén dicimos ¡BASTA!

Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade.

Na nosa biblioteca podemos atopar: "O libro dos porcos" e "Rosa Caramelo".





O noso agradecemento ó CEIP Quintela - Moaña por compartir esta entrada con todos nós.

16/11/07

CONTACONTOS

O mércores pasado, 14 de novembro, tivemos connosco no colexio a Ana e Pablo que, cantando e contando, fixéronnos pasar un anaco ben divertido. Os nenos e nenas de educación infantil escoitamos ben atentos as historias de Nadarín, A toupiña, Oh!, ¿Queres xogar comigo? e Crocodilo. Pablo tamén nos ensinou como son e como soan o clarinete, a pandeireta e a pandeira e ademáis de acompañar coa música os contos que Ana nos ía contando, tocounos unha muiñeira típica de Ordes. A verdade é que nos soubo a pouco ... ¡queríamos máis contos e cancións!


HORA DE LER

A principios deste curso puxemos en marcha a "Hora de ler" na que participa todo o cole, dende 4º de infantil a 6º de primaria. Lemos todos os días de 12 a 12 e vinte da mañá. Algunhas veces facemos lectura individual silenciosa, outras veces lé a/o profe en voz alta para todos/as, outras veñen mamás ou papás... En cada aula vaise variando segundo conveña, mais, se vos fixades nas fotos, veredes que todas e todos, ben nos estén lendo, ben estemos lendo nós, estamos mooooooi concentrados e atentos. ¡Se ata lle imos coller gusto a esto da lectura!


MAGOSTO

Como todos os anos por estas datas celebramos o magosto. Durante a semana imos recollendo leña e castañas e o venres pola mañá... primeiro as/os profes van preparando o lume e asando as castañas mentres nós facemos os cucuruchos. Logo todos xuntos temos unha hora de xogos ata que por fín... comemos e tiznámonos ¡que guapos!. Mirade, mirade...











HALLOWEEN!

On October 31st, British people celebrate Halloween. Here, in our new English class we also tried to celebrate it. We learnt some songs, new vocabulary, traditions... and we did a lot of worksheets with very funny games about Halloween. We decorated the classroom with Jack’o lanterns (made by several students), candles, bats, black cats, skeletons, pumpkins and we had the opportunity to play with an articulated witch. We dressed a big skeleton with a costume and some of us got scared of it.

The teacher also told us a terrifying story and during the tale we had our eyes closed, and chill-out music was played. At the end of her speech she scared us.
In other course, we had to learn the trick or treat song as a condition to get admitted into the classroom.

I think it was very funny and exciting. I hope next year we can repeat the experience.

THANKS TO ALL OF YOU FOR BEING SO ENTHUSIASTIC !


14/11/07

¡XA ESTAMOS NO OUTONO!

¡Chegou o outono! e así nolo fan saber as rapazas e rapaces de 5º e 6º co mural que colocaron na entrada do colexio. ¿Fixáchedesvos ben nos detalles? ¡Traballaron a reo! Aquí tedes unha mostriña...




E para comprobar os efectos do outono na paisaxe ¿que mellor que fixarse día a día nas árbores do patio e dos arredores? Pero... ¿sabedes os seus nomes? Pois para iso O Departamento de Orientación e Dinamización Lingüística colocou nos corredores da primeira planta a exposición “árbores de Galicia”, na que poderedes atopar gran cantidade de información sobre as nosas árbores autóctonas, froiteiras e de xardín. Só estará durante o mes de novembro pero aquí nos quedará un breve recordo: