30/1/08

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz. Adornamos a entrada co mural realizado polas profes e nenas/os de educación infantil, titulado "Un mundo de igualdade" no que se reflicte a interculturalidade tan presente no noso cole:






Xuntámonos todos no patio cuberto. Algunhas nenas e nenos de educación infantil recitáronnos esta poesía:

Non importa a nosa cor,
a nosa raza ou relixión.
Imos xuntar as mans
e a cantar unha canción.

Déixame que eu te mire
só co corazón,
para os ollos dos nenos
a bandeira é o AMOR.

Quero sentarme ó teu lado,
quero xogar ó balón.
Falamos na mesma língua
se estamos xuntos os dous.

Mans brancas, pel marrón,
compartindo unha ilusión:
todos moi xuntos
na mesma nación.





As nenas e nenos do 1º ciclo, representados polos/as alumnos/as estranxeiros destas aulas, tamén recitaron unha poesía:

Pecharei os ollos
contarei ata tres,
cando os abra
que atoparei?
Un ceo celeste
cun sol brillando,
xardíns con flores
e paxaros voando.
Pecharei os ollos
contarei ata tres,
cando os abra
¿que atoparei?
Parques con árbores
e nenos xogando
camiños coidados
con xente paseando.
Pecharei os ollos
contarei ata tres,
cando os abra
¿que atoparei?
Persoas distintas
convivindo en PAZ
nun mundo cheo
de AMOR e "AMISTAD".




Os/as alumnos/as do 2º ciclo agasalláronnos co "Decálogo da PAZ":
1º: Ti es alguén importante, ¡QUÉRETE!
2º: Tes moitos compañeiros e amigos, ¡VALÓRAOS!
3º: Temos moitas cousas en común, ¡DESCÚBREAS!
4º: Respeta as opinións dos demais, ¡DIALOGA!
5º: Trata de comprender ós outros, ¡ESCOITA!
6º: Esfórzate no teu traballo, ¡DISFRUTARÁS!
7º: Sé responsable, ¡NECESITÁMOSTE!
8º: Traballa en grupo, ¡UNIÓN É FORZA!
9º: Comparte cos demais, ¡SERÁS FELIZ!
10º: Pon PAZ dentro de ti, ¡HABERÁ PAZ Ó TEU REDOR!



e os do 3º ciclo, léronnos unha frase, primeiro nos idiomas das distintas comunidades españolas
e despois nos distintos idiomas dos alumnos e alumnas estranxeiros do colexio:



"Debemos camiñar todos xuntos cara a PAZ ou non a atoparemos".






E xa para rematar, todos xuntos cantamos a canción "Unha man amig0":
Abre as portas da casa, amigo
Abre as portas, Quero entrar.
Traio a alma e o corpo fríos.
Noite pecha comigo vai.

Cansa a alma e o corpo frío
Leito e lume veño buscar.
Abre as portas da casa, amigo.
Abre as portas quero entrar.

Neve mesta o vento fende.
Carambelo as vagaos se fan.
Lobos mouros de brancos dentes,
Sempre máis cerca sinto ouvear.

Non me deixes soio na noite,
Non me deixes mudo o cantar.
Berra ti, que o teu canto escoite
Dáme forzas no meu fraquear.

Logo, a alba, partirei cedo,
E esta noite non hei sembrar.
Dáme a man que hoxe teño medo,
Dáme a man e déixame entrar.







24/1/08

FESTIVAL NADAL

Tal e como estades pedindo últimamente, aquí tedes algunhas fotos do festival de nadal. Leo.


21/1/08

RECOMENDACIÓNS DAS NENAS E NENOS DE 3º

As nenas e nenos de 3º xa se animaron e nos enviaron os títulos dos seus libros preferidos. ¿Queredes saber cales son?, pois picade en "Leo recomenda".