28/5/08

AGRADECEMENTO DE LILIANA E BETTY DA ONG MESTURA

Liliana e Betty mandáronnos unha carta para publicar no blog. Aquí a tedes para todos vos:
"Dende a asociación Mestura, queremos agradecer a acollida que tivemos por parte de TODO o C.E.I.P. Campomaior. Dende o primeiro día que chegamos puidemos sentir e por suposto observar o enorme cariño co que se traballa dende alí. E un sentimento moi bonito ver a docencia en estado puro, esa mestura de vocación, interese, profesionalidade e ilusión. Pensamos que quizabes se mais persoas entenderan deste xeito tan fermoso o proceso que estamos a vivir no noso entorno, nas rúas, nas aulas... de aprendizaxe mutuo, e non como un problema, todo resultaría mais doado xa que este mundo intercultural é o que os nosos nenos e nenas teñen que redescubrir posto que é o mundo no que xa de feito estamos a vivir. ¿Non si?.
Grazas a todas e a todos por facer a nosa labor mais sinxela, foi altamente satisfactorio comprobar como os pequechos e pequechas descubrían historias como “Hombre de color” o “Kofú, o neno de chocolate”. Tamén rimos cos mais maiores xogando (que é o que todos os nenos e nenas deberían poder facer) a xogos de diferentes partes do mundo: Marrocos (gracias pola axuda na fonética), xogos de Arxentina..., e descubrimos que en realidade non somos tan diferentes.
Moito ANIMO! pensamos que este é o camiño."
Liliana e Betty. Monitoras de Mestura.

15/5/08

¿SOMOS DIFERENTES?

Ola, amigos!

Aquí estou outra vez disposto a ensinarvos un pouquiño de todas esas actividades que fixemos dende xaneiro ata abril relacionadas co Proxecto sobre a Interculturalidade.

Comezaremos cunha pequena presentación do Proxecto que poderedes ver clicando aquí.

Agora iremos vendo como fomos desenvolvendo cada unha delas:

Primeiro colocamos un mapamundi na biblioteca e pegamos as fotos d@s compañeir@s que proceden doutros países, e...¡menuda sorpresa, contamos 32 compañeir@s inmigrantes! ¡e de nada menos que de 12 países diferentes: China, España, Portugal, Brasil, Rusia, Venezuela, Arxentina, Colombia, Perú, Uruguai, Suiza e Marrocos!¡uf, canto imos aprender!...






A continuación distribuimos os países polas aulas e en total elaboramos 12 libriños informativos, un por cada país traballado. Ides ver as portadas e algún detalle de cada un deles, mais, xa sabedes, se os queredes ver enteiros non tedes máis que pasar pola biblioteca, alí os tedes todos á vosa disposición.









Ó mesmo tempo fomos elaborando o "Libro viaxeiro" no que cada aula representou o máis salientable do país que estaba a traballar.




E durante 6 semanas todos participamos no "concurso cultural". Así aprendimos a buscar información e a descubrir datos importantes doutros países e culturas.





Liliana e Betty (pertencentes á ONG MESTURA) contáronnos e ensináronnos contos e xogos do mundo. Nas fotos seguintes veredes como disfrutamos escoitando "Hombre de color", facendo "voladeras" (xogo típico de Arxentina) e xogando a xogos como ivanka (xogo popular ruso), estatuas de sal (de Uruguai), o indio (de Venezuela), Sebajá Layur (de Marrocos, rei dos mundos (de Colombia) e alerta (de Brasil).





Do 21 ó 30 de abril tivemos no cole varias exposicións:

DE TRAXES TÍPICOS DE CADA PAÍS: Aportados polo bailarín Juanjo Liñares coa colaboración do Concello de Ordes (estes traxes, xunto con 700 máis, formarán parte do futuro Museo que o Concello está a preparar no Campo da Feira do pobo). Tamén contamos coa colaboración de Vilma Cóndor, veciña peruana que aportou traxes e produtos da súa propiedade.
A continuación podedes ver dúas fotos: unha da exposición sola e outra da exposición cos nen@s estranxeir@s do cole. Ademáis tedes unha pequena presentación dos traxes un a un.












DE PRODUTOS
: A maioría mercados polo equipo de biblioteca, mais tamén con aportación de varias familias (Vilma Cóndor, Laura Alaimo, Coty, Saray)e profes do centro (Marta Costa, Pilar Sánchez)





DE LIBROS: de aventuras, consulta, cociña, revistas...




Manolo, o noso profe de música (coa colaboración de Alfonso Guerra)escolleu e recopilou nun CD unha obra musical representativa de cada país traballado. Escoitando estas pezas, entrabamos, saiamos e cambiabamos de actividade no centro durante o tempo que duraron as exposicións.

Elaboramos invitacións para toda a comunidade educativa, centros de ensino do concello, representantes do concello... e...¡que sorpresa! visitounos o alcalde (Manuel Regos), acompañado da teniente alcalde e algúns concellais, a prensa e ¡ata a TVG!.

GRAZAS A TODOS/AS POR ACOMPAÑARNOS NESTA VIAXE!